DEDICATORIA E AGRADECEMENTOS

NOTA DA EDITORIAL

PRÓLOGO Á EDICIÓN GALEGA

INTRODUCIÓN:
 "A ESCOLA DE FALSIFICACIÓN DE KHRUSHCHEV"
O DISCURSO MÁIS INFLUÍNTE DO SÉCULO XX”  

CAPÍTULO 1: O CULTO Á PERSONALIDADE E O “TESTAMENTO” DE LENIN
1. O culto á personalidade
2. O “Testamento” de Lenin

CAPÍTULO 2: A CAMARADARÍA “ESMAGADA”
3. “Dirección colexiada” no traballo
4. Stalin “aniquilou moral e fisicamente” os líderes que se lle opuxeron
5. A represión masiva como norma
6. “Inimigo do Pobo”
7. Zinoviev e Kamenev 
8. Trotskistas
9. Stalin desatendeu o Partido

CAPÍTULO 3: AS “ARBITRARIEDADES” DE STALIN CO PARTIDO
10. Mención a “unha comisión do Partido baixo control do Presídium do Comité Central»; fabricación de materiais falsificados durante as represións
11. A “Directiva” asinada por Enukidze do 1 de decembro de 1934
12. Khrushchev insinúa a implicación de Stalin no asasinato de Kirov
13. Telegrama de Stalin e Zhdanov ao Politburó do 25 de setembro de 1936
14. Informe de Stalin no Pleno de febreiro-marzo de 1937
15. «Moitos militantes cuestionaron a represión en masa», especialmente Pavel Postyshev

CAPÍTULO 4: “CASOS” CONTRA MEMBROS DO PARTIDO E OUTROS ASUNTOS
16. Eikhe
17. Ezhov
18. Rudzutak
19. Rozenblium
20. Kabakov
21-24. Kosior; Chubar; Postyshev; Kosarev
25. As Listas
26. Resolucións do Pleno do C.C. de xaneiro de 1938
27. O “Grupo de Beria”
28. O “Telegrama da Tortura”
29. Rodos torturou a Chubar e Kosior por orde de Beria

CAPÍTULO 5: STALIN E A GUERRA
30. Stalin non fixo caso das advertencias de guerra
31. A carta de Vorontsov
32. O soldado alemán
33. Comandantes asasinados
34. A “desmoralización” de Stalin tras o comezo da guerra
35. Stalin, un mal comandante
36. Kharkov, 1942
37. Stalin deseñaba as operacións militares nun globo terráqueo
38. Stalin degradou a Zhukov

CAPÍTULO 6: DE COMPLOTS E OUTROS CASOS
39. Deportacións de nacionalidades
40. O “Caso Leningrado”
41. O “Caso Mingrelian”
42. Iugoslavia
43. O “Complot dos Médicos”

CAPÍTULO 7: BERIA, AS SÚAS “MAQUINACIÓNS” E “CRIMES”
44. Beria
45. Kamisnky acusa a Beria de colaborar co Musavat
46. Kartvelishvili 
47. Kedrov
48. O irmán de Ordzhonikidze


CAPÍTULO 8: IDEOLOXÍA E CULTURA
49. Stalin, Biografía Breve
50. O Curso Breve
51. O 2 de xullo de 1951 Stalin asinou a orde para erixir unha estatua na súa honra
52. O Palacio dos Soviets
53. O Premio Lenin

CAPÍTULO 9: OS ÚLTIMOS ANOS DE STALIN NO PODER
54. Stalin propuxo un enorme incremento de impostos para os kolkhozy
55. Stalin insulta a Postyshev
56. “Desorganización” do traballo do Politburo
57. Stalin sospeitaba que Voroshilov era un “axente de Inglaterra”
58. Andreev; 59. Molotov; 60. Mikoian
61. Ampliación do Presídium

CAPÍTULO 10: TIPOLOXÍA DA PREVARICACIÓN

CAPÍTULO 11: OS RESULTADOS DAS "REVELACIÓNS" DE KHRUSHCHEV: 
FALSAS REHABILITACIÓNS
Falsas rehabilitacións
Conclusión

CAPÍTULO 12: O IMPERECEDOIRO LEGADO DO ENGANO DE KHRUSHCHEV
Por que Khrushchev atacou a Stalin?
A conspiración de Khrushchev?
Aleksandr S. Shcherbakov
Implicacións: influencia na sociedade soviética
Implicacións políticas
Trotski 
Eivas do socialismo soviético non superadas

APÉNDICES: CITAS DE FONTES PRIMARIAS E OUTRAS
1. Culto
2. O “Testamento” de Lenin
3. “Dirección colexiada” no traballo
4. Stalin “aniquilou moral e fisicamente” os líderes que se lle opuxeron
5. A represión masiva como norma
6. “Inimigo do pobo”
7. Zinoviev e Kamenev
8. Trotskistas
9. Stalin desatendeu o Partido
10. Mención a «unha comisión do Partido baixo control do Presídium do Comité Central»; Fabricación de materiais falsificados durante as represións
11. A “Directiva” asinada por Enukidze do 1 de decembro de 1934
12. Khrushchev insinúa a implicación de Stalin no asasinato de Kirov
13. Telegrama de Stalin e Zhdanov ao Politburo do 25 de setembro de 1936
14. Informe de Stalin no Pleno de febreiro-marzo de 1937
15. «Moitos militantes cuestionaron a represión en masa», especialmente Pavel Postyshev
16. Eikhe
17. Ezhov 
18. Rudzutak
19. Rozenblium
20. Kabakov
21. Kosior; 22. Chubar; 23. Postyshev; 24. Kosarev
25. As Listas
26. Resolucións do Pleno do C.C. de xaneiro de 1938
27. O “Grupo de Beria”
28. O “Telegrama da Tortura” 
29. Rodos torturou a Chubar e Kosior por orde de Beria
30. Stalin non fixo caso das advertencias de guerra
31. A carta de Vorontsov
32. O soldado alemán 
33. Comandantes asasinados
34. A “desmoralización” de Stalin tras o comezo da guerra
35. Stalin, un mal comandante
36. Kharkov, 1942
37. Stalin deseñaba as operacións militares nun globo terráqueo
38. Stalin degradou a Zhukov
39. Deportacións de nacionalidades
40. O “Caso Leningrado”
41. O “Caso Mingrelian”
42. Iugoslavia
43. O “Complot dos Médicos”
44. Beria
45. Kaminsky acusa a Beria de colaborar co Mussavat
46. Kartvelishvili 
47. Kedrov
48. O irmán de Ordzhonikidze
49. Stalin, Biografía Breve
50. O Curso Breve
51. O 2 de xullo de 1951 Stalin asinou a orde para erixir unha estatua na súa honra
52. O Palacio dos Soviets
53. O Premio Lenin
54. Stalin propuxo un enorme incremento de impostos para os kolkhozy
55. Stalin insulta a Postyshev
56. “Desorganización” do traballo do Politburo
57. Stalin sospeitaba que Voroshilov era un “axente de Inglaterra”
58. Andreev; 59. Molotov; 60. Mikoian
61. Ampliación do Presídium

ÍNDICE DE NOMES


Un anuncio no blogue comunista Estoutras á procura de persoas para colaboraren na tradución para o galego do traballo Khrushchev Lied, do profesor estadounidense Grover Furr, encetou unha andaina que intuíamos laboriosa. Abofé que foi así.

Laboriosa e complicada, ardua e arrevesada, mesmo chegar ás veces a ser desesperante. Mais, por riba de todo, chea de ilusión. Especialmente cando, co paso do tempo, anacos traducidos do libro comezaron a nos chegar. O crebacabezas principiou a coller forma con pezas enviadas desde Paraguai, Catalunya, a vila de Puertollano no sur da chaira manchega, e por suposto tamén desde Galiza: Cangas, Compostela e Ferrol. O noso total agradecemento a estas persoas polo seu esforzo. Ficamos en débeda. 

Para aquelas poucas persoas que deron un rápido si, e un máis rápido pasa atrás en canto lle viron os ollos á curuxa, agardar que teñan a ben leren o libro e que esta lectura lles sirva para abriren unha pequena fenda nese inmenso muro que representa o paradigma actual, oficial e dominante, da historia da URSS, nomeadamente da época de Stalin. Paradigma, como explica o autor nas páxinas do libro, que eiva, até o punto de o impedir, o debate sereno e racional, baseado nos feitos e nas probas, sobre un tema crucial non só para comprendermos a pasada historia do socialismo, mais tamén para construírmos o futuro do movemento comunista internacional. 

Por tanto, o principal obxectivo de traducirmos este traballo é achegarmos á comunidade lingüística galega os novos datos coñecidos sobre a URSS, concretamente os relacionados cos aspectos tratados por Khrushchev no seu infame discurso. Datos presentes nun libro que xa ocupa un lugar prominente entre os círculos académicos rusos, onde máis avanzado está o estudo da materia. 

Publicada orixinariamente en ruso, a obra conta por agora con versións en inglés, turco, vietnamita e, por fin, galego. E este era tamén, recoñecémolo con orgullo, un dos nosos obxectivos ao pórmos en marcha este proxecto: facermos a nosa modesta achega á loita pola normalización da nosa lingua. Aproveitamos para pedirlles desculpas polos posíbeis erros, quer de tradución quer de redacción.

Finalmente, mil veces obrigados a Grover Furr pola paciencia, rapidez e precisión mostradas nas súas respostas ás infinitas consultas que nos xurdiron durante o traballo. Grazas Grover.


Edicións Benigno Álvarez
 Marzo de 2013




O 50 aniversario do Discurso Secreto de Nikita S. Khrushchev, pronunciado o 25 de febreiro de 1956, suscitou comentarios previsíbeis. Un artigo no xornal londiniense Telegraph chamouno o «discurso máis influínte do século XX». Noutro artigo dese mesmo día, no New York Times, William Taubman, cuxa biografía de Khrushchev gañou o Premio Pulitzer de Biografía en 2004, cualificouno como unha «gran fazaña» que «merece ser celebrada» no seu aniversario.[1]
Hai algún tempo volvín ler o Discurso Secreto de Khrushchev por vez primeira en moitos anos. Empreguei a versión en HTML da edición publicada nun número especial de The New Leader en 1962.[2] No curso da miña lectura, comprobei que o destacado académico menxevique Boris Nikolaevsky, nas súas anotacións ás palabras de Khrushchev, opinaba que algunhas das declaracións de Khrushchev eran falsas. Por exemplo, ao comezo do seu discurso, Khrushchev di o seguinte:

Ultimamente, sobre todo despois de ficar ao descuberto o grupo de Beria, o Comité Central tratou unha serie de problemas creados por este grupo. Isto revelou un panorama moi desagradábel canto ao comportamento incorrecto de Stalin e a súa obstinación brutal.

Na anotación de Boris Nikolaevsky a esta pasaxe podemos ler:

Esta afirmación de Khrushchev non é totalmente certa: A investigación das accións terroristas de Stalin no último período da súa vida foi encetada por Beria. [...] Khrushchev, quen agora se presenta como pouco menos que o iniciador da investigación das cámaras de tortura de Stalin, na realidade tentou bloqueala nos primeiros meses após a morte de Stalin.

Lembro que Arch Getty escribiu algo moi semellante no seu maxistral traballo Origins of the Great Purges.

Outra inconsistencia do relato de Khrushchev é unha aparente confusión de Ezhov por Beria. Aínda que o nome de Ezhov se menciona de cando en vez, Beria é quen carga coa culpa de moitos delitos e represións; no entanto, este último non foi máis que un Primeiro Secretario rexional até 1938. Ademais, moitos informes sinalan que o terror policial empezou a minguar cando Beria colleu o relevo de Ezhov en 1938. Puido Khrushchev substituír convenientemente a Ezhov por Beria no seu relato? Que outras cousas puido cambiar? En calquera caso, que Beria fose executado por orde de Khrushchev non había moito tempo, fixo do primeiro un excelente chibo expiatorio. O uso oportunista que fixo Khrushchev de Beria realmente proxecta sospeitas sobre a exactitude do resto das súas afirmacións. [Páx. 268; énfase por G. F.]

Xa que logo, sospeitei que unha investigación seria, á luz dos numerosos documentos dos antigos arquivos secretos soviéticos agora dispoñíbeis, podería descubrir outras “revelacións” sobre Stalin tamén falsas.
De facto, fixen un descubrimento moi diferente. Ningunha das “revelacións” concretas que fixo Khrushchev sobre Stalin ou Beria resultou ser certa. Entre esas que se podían comprobar con datos, todas eran falsas. Resulta que Khrushchev non só “mentiu” sobre Stalin e Beria, senón que non fixo outra cousa. Todo o seu Discurso Secreto está elaborado con mentiras. Esta é a «gran fazaña» pola que Khrushchev mereceu os eloxios de Taubman! (Poderíase escribir outro artigo, aínda que moito máis breve, expoñendo as mentiras do propio Taubman no seu artigo do New York Times en que celebra o rimbombante discurso de Khrushchev).[3]
Para min, como académico, este foi un descubrimento inquietante e até incómodo. Se, como eu previra, atopase, por exemplo, que un 25% ou menos das “revelacións” de Khrushchev eran mentiras, a miña investigación seguramente espertaría certo escepticismo e sorpresa. Mais, polo xeral, podería anticipar aceptación e recoñecemento: «Bo traballo de investigación de Furr», e así sucesivamente.
Mais temía –e os meus temores xurdiron despois da miña experiencia coa edición orixinal en ruso deste libro, publicado en decembro de 2007- que de afirmar que todas as “revelacións” de Khrushchev eran falsas, ninguén me crería. Pouco importaría o coidado e rigorosidade das probas para defender os meus argumentos. Refutar a totalidade do discurso de Khrushchev é, asemade, desafiar por completo o paradigma histórico da Unión Soviética na época de Stalin, un paradigma para o que este discurso é fundamental.
O discurso máis influínte do século XX –se non de todos os tempos- unha completa fraude? A idea era demasiada escandalosa. Quen podería enfrontarse á revisión da historia soviética, da Internacional Comunista e, inclusive, da historia mundial, que esta conclusión demandaría? Sería infinitamente máis doado para todos crer que eu “cociñara os libros” agochando a verdade, é dicir, que eu falsificara os datos, exactamente do que EU acuso a Khrushchev. Así, o meu traballo podería ser ignorado doadamente e o problema “desaparecería”. Sobre todo desde que coñecen a miña simpatía co movemento comunista en todo o mundo, movemento do que Stalin foi o líder recoñecido. Cando un investigador chega a conclusións que semellan apoiaren sospeitosamente as súas ideas preconcibidas, como mínimo, é prudente desconfiar un chisco da súa obxectividade.
Por tanto, sería moito máis feliz se a miña investigación concluíra que o 25% das “revelacións” de Khrushchev sobre Stalin e Beria eran falsas. No entanto, xa que practicamente todas esas “revelacións” que se poden comprobar son, de facto, mentiras, a responsabilidade por destapalas é aínda máis forte, como académico, que de se tratar dun caso ordinario. En consecuencia, organicei a información desta investigación dun xeito pouco usual.
O libro está dividido en dúas seccións separadas mais relacionadas entre si.
Na primeira sección, do capítulo 1 ao 9, analizo cada unha das declaracións, ou afirmacións, que Khrushchev fai no seu discurso e que constitúen o cerne das súas chamadas “revelacións”. (Xa adianto que identifiquei 61 afirmacións deste tipo).
Cada unha destas “revelacións” vai precedida por unha cita do Discurso Secreto, e é examinada á luz das probas documentais. A maioría destas probas aparecen como citas de fontes primarias. Só nuns poucos casos recollo citas de segundas fontes. Co fin de demostrar a falsidade do discurso de Khrushchev, impúxenme a tarefa de presentar as mellores probas que se poden encontrar, na súa maior parte procedentes dos antigos arquivos soviéticos. Xa que unhas citas documentais extensas, de intercalalas no texto, farían dificultosa a lectura, nestes capítulos só achego breves referencias das probas, a reservar as citas completas de primarias (e ocasionalmente secundarias) fontes para os Apéndices de cada capítulo.
A segunda sección do libro, do capítulo 10 ao 12, está dedicada a cuestións de carácter metodolóxico e á discusión dalgunhas das conclusións que se desprenden do meu estudo. Prestei especial atención á tipoloxía das falsidades, ou métodos de enganos empregados por Khrushchev. Inclúese aquí un estudo da “rehabilitación” dalgúns dirixentes do Partido nomeados no Discurso.
Ocúpome das referencias ás fontes primarias de dúas maneiras. Para alén da documentación académica tradicional a través de notas a rodapé e da bibliografía, tentei, sempre que foi posíbel, indicar ao lector onde atopar esas fontes primarias, en parte ou na súa totalidade, na internet. Todas as ligazóns funcionaban cando a edición en inglés deste libro saíu do prelo.
Nalgúns casos subín eu mesmo a Internet importantes documentos primarios, normalmente en formato PDF. Isto fixo posíbel que, ás veces, me refira ao número de páxina, algo dabondo inútil de utilizar linguaxe HTML.
Para rematar, gustaríame agradecer aos meus colegas estadounidenses e rusos que leron o esbozo deste traballo, axudándome cos seus consellos. Naturalmente, non son responsábeis dos erros e deficiencias que aínda poden ficar no libro malia os meus esforzos.
A miña especial gratitude para o meu fantástico colega de Moscova, Vladimir Lvovich Bobrov. Académico, investigador, editor e tradutor, profesor de inglés e ruso. Eu nunca asumiría un traballo como este, e moito menos completalo, sen a súa inspiración, orientación e axuda de todo tipo.
Agradecerei os comentarios e críticas dos lectores. 

Grover Furr


[1] O texto completo do discurso de Khrushchev está dispoñíbel en: http://www.erythrospress.org/furr/speech.html
[2] Nikita S. Khrushchev. The New Leader. The Crimes of the Stalin Era. Introduction by Anatol Shub, notes by Boris Nikolaevsky. Nova York: The New Leader, 1962.
[3] Uns poucos exemplos: Foi Beria, non Khrushchev, quen liberou moitos prisioneiros, aínda que non “millóns”, como afirma Taubman. O “desxeo” que celebra empezou durante os últimos anos de Stalin. Khrushchev limitouno ás políticas dereitistas, só medidas anti-Stalin. Stalin quixo retirarse en outubro de 1952, mais o XIX Congreso do Partido non o permitiu. Taubman reivindica a afirmación de Khrushchev de non estar involucrado na represión, porén, Khrushchev non fixo caso dos chamamentos de Stalin, senón que tomou a iniciativa exixindo maiores “cotas” de represión do que a dirección de Stalin quería. Taubman reivindica que «Khrushchev, dalgunha maneira, conservou a súa humanidade.» Sería máis exacto dicir o contrario: Khrushchev semellaba máis un matón e asasino.

A
Abakumov, Viktor S., 110, 112, 217, 382
Afinogenov, Aleksandr N., 236
Afonski, V. A., 397
Agranov, Iakov, S., 74, 286
Alksnis, Iakov I., 184
Allilueva, Nadezhda S., 266
Allilueva, Svetlana J., 387
Andreev, Andrei A., 53, 76, 129, 141, 142, 162, 182, 240, 301, 313, 314, 333, 420, 421
Andropov, Iuri V., 228
Antipov, Nikolai K., 72, 176, 179, 184, 329, 330
Aristov, Averki B., 30, 47, 87, 94, 180, 270, 343, 344
Avtorkhanov, Abdurakman G., 339

B
Babel, Isaak E., 90
Babulin, Anatoly N., 74, 182, 331, 332
Babulin, Viktor N., 74, 182, 331, 332
Bagramian, Ivan K., 100, 101, 102, 366, 367, 368, 369, 370
Balkarios, 104
Baramia, M. I., 381
Barmine, Aleksandr G., 171
Bauman, Karl I., 184
Bek, Aleksandr, 22, 23, 252
Belianov, V. A., 128, 403
Benediktov, Ivan A, 25, 81, 88, 256, 334, 335, 344
Beria, Lavrenti P., 4, 6, 7, 8, 9, 14, 15, 27, 33, 41, 42, 58, 59, 67, 68, 73, 74, 75, 76, 82, 83, 85, 86, 88, 89, 90, 99, 109, 110, 112, 113, 114, 115, 117, 118, 119, 120, 121, 122, 123, 124, 125, 133, 137, 142, 147, 162, 165, 166, 179, 181, 182, 186, 188, 189, 190, 192, 194, 204, 205, 212, 220, 226, 240, 245, 299, 303, 312, 313, 323, 330, 333, 335, 338, 339, 340, 345, 363, 378, 379, 380, 382, 383, 384, 385, 386, 387, 388, 389, 390, 391, 392, 393, 394, 395, 396, 399, 400, 408, 409, 410, 417, 418
Bobrov, Vladimir L., 1, 10, 50, 97, 123, 209, 224
Bochkov, Viktor M., 122, 165, 396
Bogomolov, N. A., 332
Boldyrev, M. F., 72, 330
Broué, Pierre, 47, 170
Bubnov, Andrei S., 179, 201, 202, 330
Budienniy, Semen M., 50
Bugai, Nikolai F., 105, 108, 269, 378, 379
Bukharin, Nikolai I., 14, 18, 20, 33, 49, 50, 56, 70, 124, 149, 172, 184, 185, 186, 198, 208, 209, 210, 211, 218, 219, 224, 229, 250, 253, 293, 306, 310, 319, 320, 324, 325, 326
Bulganin, Nikolai A., 133, 174, 175, 263, 299, 408

C
Calmucos, 104
Carachais, 104
Caso Leningrado, 109, 110, 112, 162, 379, 380, 382
Caso Mingrelian, 110, 112, 115, 162, 381, 382, 383
Caso Sacco-Vanzetti, 155
Chechenos, 104, 108, 378, 379
Chomsky, Noam, 151
Chubar, Vlas I., 70, 71, 72, 73, 88, 89, 161, 162, 164, 165, 184, 185, 328, 329, 330, 331, 345
Chuev, Feliks I., 62, 63, 66, 72, 117, 118, 226, 238, 252, 318, 330, 366, 368, 374, 389, 406
Chuianov, Aleksei S., 334
Complot dos Médicos, 113, 114, 115, 116, 162, 218, 220, 383, 384, 386, 387


D
Dagin, I. I., 308
Dekanozov, Vladimir, G., 27
Deribas, Terenti D., 395
Dimitrov, Georgi M., 99, 235
Dmitriev, Dmitri M., 33, 70, 73, 275, 331, 338
Dridzo, Vera S., 21, 22, 24
Dzerzhinski, Feliks E., 129, 405

E
Eastman, Max, 18, 249
Efremov, Leonid N., 142, 143, 144, 145, 263, 421, 422, 424
Egorov, Aleksandr I., 96
Eideman, Robert I., 319
Eikhe, Robert I., 29, 30, 42, 54, 55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 161, 169, 184, 186, 187, 188, 189, 190, 191, 192, 193, 197, 200, 201, 202, 208, 210, 270, 302, 303, 304, 305, 306, 330
Emel´ianov, Iuri V., 273
Emel’ianov, Iurii V., 101
Enukidze, Avel S., 32, 43, 44, 161, 218, 219, 282, 319, 325, 394
Etinger, I. G., 217, 218
Evkokimov, Efim G., 56, 68, 186, 190, 191, 197, 201, 202, 302, 306, 307, 308, 323
Ezhov, Nikolai I., 7, 29, 30, 41, 42, 46, 47, 50, 51, 55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 64, 65, 67, 68, 70, 72, 73, 74, 75, 76, 79, 80, 81, 82, 85, 86, 87, 89, 90, 96, 119, 120, 121, 148, 157, 158, 161, 165, 172, 178, 179, 181, 182, 185, 186, 187, 188, 189, 190, 191, 197, 199, 210, 211, 270, 282, 285, 286, 287, 300, 302, 303, 304, 305, 306, 307, 308, 309, 310, 311, 313, 315, 316, 317, 321, 323, 324, 325, 328, 330, 331, 332, 337, 338, 339, 341, 359

F
Fefer, I. S., 379
Ferreira, Sérgio, 1
Feuchtwanger, Leon, 244, 245
Fotieva, Lidia A., 20, 22, 23, 24, 252
Frinovski, Mikhail P., 30, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 68, 74, 75, 121, 157, 158, 178, 179, 185, 190, 191, 197, 210, 211, 302, 306, 315, 316, 323, 324, 330, 337
Frinovskii, Mikhail P., 316
Frumkin, M. I., 417
Frunze, Mikhail, 129, 405
Fundación Memorial, 41, 111, 120
Furr, Grover C., 1, 2, 3, 5, 8, 35, 44, 61, 209, 225, 280
Furr, Joseph G., 1, 2, 3, 5, 8, 35, 44, 61, 209, 225, 280

G
Gamarnik, I. B., 96, 184, 319, 320
Getty, J. Arch, 7, 44, 45, 46, 47, 50, 52, 53, 81, 85, 87, 88, 124, 138, 170, 171, 172, 209, 211, 224, 267, 284, 293, 298, 316, 334, 341
Glebova-Kameneva, Tatiana I., 274, 275
Glikina, Zinaida F., 74
Goglidze, Sergei A., 27
Golovanov, Aleksandr E., 91, 100, 346, 366, 368
Gorbachev, Mikhail S., 55, 64, 124, 130, 154, 159, 182, 205, 206, 209, 219, 228, 229, 284, 285, 336
Gorki, Maksim (A. M. Peshkov), 218, 271, 412, 413
Gribkov, Anatoli I., 372
Grimsley, Mark, 151
Grinko, Grigori F., 65, 184, 185, 330

H
Hammerstein-Equord, Kurt von, 312
Harris, John, 69, 186, 327
Hitler, Adolf, 92, 93, 94, 279, 346, 347, 350, 351, 352, 353, 356, 357
Hudson, Arthur, 1

I
Iagoda, Genrikh G., 29, 30, 46, 56, 68, 70, 74, 185, 218, 270, 285, 286, 306, 307, 310, 319, 320, 323, 325, 339
Iakir, Iona E., 50, 72, 96, 176, 179, 219, 221, 222, 223, 329, 330, 358
Iakovlev, Alekxandr S., 58, 62, 317
Iakovlev, Iakov A., 57, 58, 87, 120, 286, 316, 317, 318, 336, 395, 396
Ibsen, Henrik, 31, 271
Ieltsin, Boris N., 55, 154, 159
Ignatiev, Semen D., 110, 111, 112, 113, 115, 382, 383, 385
Ikramov, Akbal I., 19, 219
Informe Pospelov, 30, 40, 41, 42, 47, 54, 59, 61, 63, 64, 67, 70, 72, 73, 82, 94, 121, 169, 174, 175, 178, 180, 183, 186, 188, 191, 193, 212, 213, 326, 330
Ivanov-Razumnik, Razumnik V., 339

K
Kabakov, Ivan D., 68, 69, 70, 161, 169, 186, 201, 202, 208, 324, 325, 326, 327, 328, 395
Kaganovich, Lazar M., 27, 29, 33, 62, 72, 84, 86, 87, 99, 103, 117, 118, 129, 133, 165, 174, 175, 182, 191, 204, 221, 222, 223, 226, 228, 240, 252, 266, 274, 286, 287, 299, 318, 330, 343, 344, 381, 389, 409, 425
Kaganovich, Lazar' M., 87, 118
Kalinin, Mikhail I., 32, 43, 129, 238, 245, 363
Kamenev, Lev B., 17, 19, 20, 22, 32, 33, 34, 70, 124, 161, 166, 167, 172, 242, 248, 250, 253, 259, 274, 275, 325
Kaminsky, Grigori N., 118, 162, 391, 393, 394
Kandelaki, David V., 321
Karakhan, Lev M., 319
Karpov, Vladimir V., 51, 52, 53, 296, 297, 300
Kartvelishvili, Lavrenti I. (Lavrentev), 119, 120, 121, 162, 394, 395
Kedrov, I. M., 397
Kedrov, Mikhail S., 121, 122, 162, 165, 396, 397, 398, 399
Keitel, Wilhelm, 92, 349
Khataevich, M. M., 302
Khoziainov, T. S., 312
Khrushchev, Nikita S., 2, 4, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 34, 35, 36, 37, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 51, 52, 53, 54, 55, 56, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73, 74, 75, 76, 77, 78, 79, 80, 81, 82, 83, 84, 85, 86, 87, 88, 89, 90, 91, 92, 93, 94, 95, 96, 97, 98, 99, 100, 101, 102, 103, 104, 105, 108, 109, 110, 111, 112, 113, 115, 117, 118, 119, 121, 122, 123, 124, 125, 126, 128, 129, 130, 131, 132, 133, 134, 135, 136, 137, 138, 139, 140, 141, 142, 143, 144, 145, 146, 147, 148, 149, 150, 151, 152, 153, 154, 156, 159, 160, 161, 163, 164, 165, 166, 167, 168, 169, 170, 172, 173, 174, 175, 180, 181, 182, 183, 186, 187, 188, 189, 190, 191, 192, 193, 203, 204, 205, 206, 207, 208, 209, 210, 211, 212, 213, 214, 215, 216, 217, 220, 221, 222, 223, 224, 225, 226, 227, 228, 229, 231, 238, 240, 241, 242, 243, 246, 254, 255, 257, 258, 259, 263, 264, 265, 266, 267, 268, 269, 270, 273, 274, 275, 277, 278, 280, 281, 282, 283, 284, 285, 286, 287, 288, 296, 297, 298, 302, 306, 315, 318, 322, 324, 328, 330, 333, 335, 336, 337, 338, 339, 340, 341, 342, 343, 344, 345, 346, 348, 349, 351, 352, 353, 354, 357, 358, 359, 360, 361, 364, 365, 366, 367, 368, 369, 370, 371, 372, 373, 374, 377, 379, 380, 381, 382, 383, 384, 388, 390, 391, 393, 394, 396, 399, 401, 404, 406, 407, 408, 409, 410, 411, 416, 417, 418, 419, 420, 421, 423, 424
Kirov, Sergei M., 44, 45, 119, 129, 153, 161, 166, 223, 237, 283, 284, 392, 393
Kobulov, Bogdan Z., 27, 122, 181, 188, 190, 198, 396
Koltsov, Mikhail E., 74
Komarov, P. T., 30, 66, 322
Konev, Ivan S., 97, 359
Koriman, Zinaida A., 332
Kork, Avgust L., 319
Kosarev, Aleksandr V., 50, 70, 71, 72, 73, 74, 75, 76, 88, 161, 164, 169, 180, 181, 182, 192, 328, 331, 332, 333, 345
Kosior, Stanislav V., 60, 70, 71, 72, 73, 88, 89, 161, 162, 164, 165, 176, 179, 191, 199, 201, 202, 270, 306, 328, 329, 330, 345
Kosolapov, Richard I., 130, 268, 288, 289, 405
Köstring, Ernst, 311, 312
Kotolynov, Ivan I., 45
Kozhinov, Vadim V., 91, 92, 101, 207, 265, 346, 348, 349
Krestinski, Nikolai N., 185, 310
Krinitsky, Aleksandr I., 395
Kruglov, Sergei N., 78
Krupskaia, Nadezhda K., 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 24, 247, 248, 250, 251, 252
Kuibyshev, Valerian V., 50, 78, 129, 176, 218, 259, 338, 397, 405
Kumanev, Georgi A., 99
Kuznetsov, Aleksei A., 353, 380
Kuznetsov, Nikolai G., 93, 99, 109, 352, 365, 366, 373, 379, 380

L
Larina, Anna M. (Bukharina), 50
Lazebny, V. M., 313
Lenin, Vladimir I., 13, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 26, 32, 33, 35, 37, 40, 48, 57, 98, 126, 127, 128, 129, 130, 132, 135, 136, 143, 161, 162, 166, 226, 229, 233, 234, 235, 236, 237, 238, 241, 246, 247, 248, 249, 250, 251, 252, 253, 259, 260, 261, 271, 272, 273, 274, 281, 288, 360, 361, 401, 402, 404, 405, 410, 411, 415, 416, 420, 425
Leplevski, Israil M., 331
Liskow, Alfred G., 95, 353, 354, 355, 356, 357, 358
Littlepage, John D., 69, 186, 327
Liushkov, Genrikh S., 119, 120, 338, 395, 396
Lozovsky, Semen A., 379
Lulov, G. N., 177, 178, 179

M
Maksimenkov, Leonid, 129, 130, 131, 132, 237, 240, 404
Malenkov, Georgi M., 13, 14, 15, 27, 81, 84, 86, 87, 99, 101, 103, 110, 113, 134, 137, 142, 174, 182, 197, 204, 205, 221, 223, 226, 228, 238, 239, 240, 245, 266, 298, 313, 317, 334, 344, 348, 349, 363, 370, 380, 381, 383, 384, 389, 390, 408, 417, 418
Malenkov, Georgii M., 87, 134
Malyshev, Viacheslav A., 115
Mamonov, K. I., 80
Manuilski, Dmitri M., 50
Marat, Jean-Paul, 31, 271
Mártires de Haymarket, 155
Maslov, K. I., 79, 80, 266
Medvedev, Roi A., 99, 115, 132, 150, 154, 224, 241, 353, 362, 387, 406, 408
Medvedev, Zhores A., 115, 116, 362, 386
Meierkhold, Vsevolod E., 90
Mekhlis, Lev Z., 99
Menshagin, Boris G., 339
Meretskov, Kirill A., 92, 350, 372
Meshik, Pavel I., 27, 186
Mezhlauk, Valerian I., 191, 197, 198, 199
Mgeladze, Akaki I., 13, 15, 75, 76, 182, 262, 263, 333
Mikhoels, Solomon M., 379
Mikoian, Anastas I., 14, 15, 19, 26, 27, 29, 117, 129, 133, 137, 138, 141, 142, 143, 144, 162, 175, 204, 209, 215, 240, 241, 243, 244, 245, 255, 256, 270, 299, 380, 388, 392, 409, 417, 418, 420, 421, 422, 423, 424
Mironov, Sergei N., 55, 61, 197, 304, 323, 337
Mirzoian, Levoi I., 70, 324
Mishakova, Olga P., 75, 182, 333
Mochalov, V. D., 130, 404
Molotov, Viacheslav M., 27, 29, 32, 44, 46, 53, 57, 62, 63, 65, 66, 72, 84, 86, 87, 99, 102, 103, 113, 117, 129, 131, 132, 133, 134, 136, 141, 142, 143, 144, 162, 165, 174, 175, 182, 191, 204, 221, 222, 223, 226, 228, 238, 243, 245, 253, 266, 267, 285, 286, 297, 299, 300, 303, 317, 330, 336, 344, 361, 363, 373, 374, 380, 381, 383, 384, 389, 390, 406, 408, 414, 415, 420, 421, 422, 423, 424, 425
Moskalenko, Kirill S., 373

N
Nikolaev, Leonid V., 45, 58, 189, 197, 198, 199, 283
Nikolaeva-Zhurid, Nikolai G., 58, 189
Nikolaevsky, Boris, 6, 37, 112, 281, 382
Nioradze, Mikhail T., 400
Norden, Karl, 72, 328
Novikov, Aleksandr A., 373

O
Ordzhonikidze, Grigori K. (, 119, 122, 123, 124, 125, 162, 237, 391, 392, 393, 394, 399, 400
Ordzhonikidze, Grigorii K. ("Sergo"), 122, 123
Ordzhonikidze, Papulia, 399, 400

P
Pakhomov, N. I., 191, 197
Pavlunovsky, Ivan P., 118, 391, 392
Peng Te-huai, 27
Petrov, Nikita V., 46, 56, 57, 58, 61, 62, 68, 70, 74, 80, 82, 88, 89, 111, 120, 186, 189, 210, 213, 287, 304, 308, 313, 316, 317, 323, 325, 332, 337, 338
Piatakov, Georgi L., 69, 74, 171, 172, 243, 320, 325, 327, 332
Pikina, Valentina F., 181
Pistrak, Lazar, 242, 243, 244
Popkov, Petr S., 109, 379, 380
Popov, Georgi M., 77, 176, 215, 329
Popov, Georgii M., 77
Poskrebyshev, Aleksandr N., 99, 196, 197, 381, 407
Pospelov, Petr N., 30, 40, 41, 42, 43, 47, 58, 60, 64, 94, 121, 132, 167, 169, 180, 188, 191, 192, 205, 212, 213, 219, 220, 224, 240, 284, 339, 404
Postyshev, Pavel P., 51, 52, 53, 70, 71, 72, 81, 87, 138, 139, 161, 162, 164, 165, 169, 173, 174, 175, 176, 177, 178, 179, 180, 192, 208, 210, 270, 296, 297, 298, 299, 300, 301, 328, 329, 330, 334, 338, 418
Pramnek, E. K., 72, 191, 196, 197, 330
Prendergast, Kevin, 1
Ptukha, Vladimir V., 395
Pykhalov, Igor, 50, 97, 105, 354, 357, 361, 377, 378
Pykhalov, Igor', 50, 98

R

Radek, Karl B., 14, 171, 241, 243
Radzinsky, Edvard, 140, 362, 419, 420
Radzivilovski, Aleksandr P., 315
Rankovic, K. G., 113, 384
Razumov, M. O., 325
Redens, Stanislav F., 79, 80, 266, 338
Riumin, Mikhail D., 110, 111, 217, 379
Robins, Raymond, 234
Rodionov, Mikhail I., 109, 379
Rodos, Boris, 88, 89, 90, 162, 270, 345
Rogovin, Vadim Z., 75, 170, 181, 182, 236, 298, 300, 332, 333
Rokossovsky, Konstantin K., 368
Rosenberg, Julius, 155
Rosengolts, Arkadi P., 65, 184, 185, 320, 321
Rozenblium, A. M., 66, 67, 85, 161, 165, 322
Ruchimovich, Moisei L., 65, 185, 186, 198, 201, 202, 321
Rudenko, Roman A., 63, 64, 90, 169, 182, 192, 202, 212, 213
Rudzutak, Ian E., 62, 63, 64, 65, 161, 169, 183, 184, 185, 186, 192, 318, 319, 320, 321, 330
Rychagov, Pavel V., 185
Rykov, Aleksei I., 33, 49, 56, 70, 184, 186, 218, 219, 260, 262, 286, 293, 306, 310, 319, 320, 324, 325, 326, 330, 417

S

Safarov, Georgi I., 398
Sakharov, Valentin A., 19, 20
Samsonov, A. M., 101, 368
Sedova, Natalia I., 19, 227
Service, Robert, 21, 130
Shcherbakov, Aleksandr S., 80, 214, 215, 216, 217, 218, 220, 264
Sheboldaev, Boris P., 325
Shepilov, Dmitri, 25, 27, 72, 86, 103, 143, 252, 257, 315, 316, 389, 423, 424
Shepilov, Dmitrii T., 316
Shilkin, P. P., 397
Shtemenko, Sergei M., 25, 256, 367
Shvernik, Nikolai M., 30, 129, 175, 221, 222
Simonov, Konstantin M., 97, 142, 143, 359, 421
Smirnov, Aleksandr P., 326, 360
Snegov, Aleskei V., 78, 216
Sokolnikov, Grigori I., 171, 172, 325
Solzhenitsyn, Aleksandr I., 150, 224
Sorge, Richard, 347
Stalin, Iosif V., 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53, 54, 55, 56, 57, 58, 59, 60, 61, 62, 63, 64, 65, 67, 68, 70, 71, 75, 76, 77, 78, 79, 81, 82, 83, 84, 85, 86, 87, 89, 91, 92, 93, 94, 95, 97, 98, 99, 100, 101, 102, 103, 104, 105, 106, 109, 110, 111, 112, 113, 114, 115, 116, 117, 118, 119, 120, 122, 123, 124, 125, 126, 127, 128, 129, 130, 131, 132, 133, 134, 135, 136, 137, 138, 139, 140, 141, 142, 143, 144, 145, 147, 148, 149, 150, 151, 152, 153, 154, 156, 158, 159, 161, 162, 163, 164, 165, 166, 167, 168, 171, 172, 173, 174, 175, 180, 182, 183, 186, 187, 188, 189, 190, 191, 192, 193, 203, 204, 205, 206, 207, 208, 210, 211, 212, 215, 216, 217, 220, 221, 222, 223, 224, 225, 226, 227, 228, 229, 231, 232, 233, 234, 235, 236, 237, 238, 239, 240, 241, 242, 243, 244, 245, 246, 247, 248, 250, 251, 252, 253, 254, 255, 256, 257, 258, 259, 260, 261, 262, 263, 265, 266, 267, 268, 270, 273, 274, 276, 277, 278, 280, 281, 283, 284, 285, 287, 288, 289, 290, 291, 292, 293, 294, 295, 299, 300, 301, 303, 305, 306, 310, 315, 316, 317, 319, 321, 324, 325, 333, 334, 335, 336, 337, 339, 340, 341, 343, 344, 345, 346, 347, 349, 351, 352, 353, 354, 358, 359, 360, 361, 362, 363, 364, 365, 366, 367, 368, 369, 370, 371, 372, 373, 374, 375, 377, 379, 380, 381, 382, 383, 384, 385, 386, 387, 388, 390, 391, 392, 395, 398, 399, 400, 401, 402, 403, 404, 405, 406, 407, 408, 409, 410, 411, 412, 413, 414, 415, 416, 417, 418, 419, 420, 421, 423, 424
Stoliar, A. I., 70, 325
Sudoplatov, Pavel A., 35, 45, 90, 99, 278, 279, 284, 347, 364
Sukhomlin, K. V., 72, 330
Sukhomlinov, A. V., 122, 397
Sukhomlinov, A.V., 122
Suslov, Mikhail A., 26, 258, 404
Svanidze, A. S., 332

T
Tamarin, Anton M., 185, 321
Tártaros da Crimea, 104, 106, 107, 377, 378
Taubman, William, 6, 7, 8, 152, 267
Thurston, Robert W., 46, 81, 82, 287, 339
Timashuk, Lidia F., 113, 114, 220, 384, 386, 387
Timoshenko, Semion K., 99, 101, 102, 346, 360, 368, 369, 370, 371
Tito, Iosip Broz, 113, 164, 384
Tivel-Levit, Alekxandr I., 169, 171, 172
Tolstoi, Aleksei N., 412, 413
Tomski, Mikhail P., 253, 325
Trotski, Lev D., 18, 19, 34, 35, 47, 57, 149, 151, 153, 170, 178, 227, 229, 248, 249, 253, 275, 277, 278, 284, 285, 319, 320
Trotskii, Lev D., 35, 47
Tsepkov, V. G., 111
Tserpento, P. I., 177, 178, 179
Tukhachevski, Mikhail N., 64, 65, 70, 96, 141, 165, 176, 183, 209, 211, 213, 221, 222, 300, 318, 319, 320, 321, 325, 358, 359
Tukhachevskii, Mikhail N., 97, 316

U
Uborevich, Ieronim P., 96, 319
Ukhanov, K. V., 177, 178
Ukrainian, 51
Ulianova, Maria I., 20, 23, 251, 252, 253
Ulrikh, Vassili V., 71, 72, 73, 74, 75, 175
Uritski, Semen P., 74
Ushakov, Zinovi M., 58, 189, 190, 196, 197, 198, 199, 309
Uspenski, Alekxandr I., 337, 338

V
Vareikis, Iosif M., 395
Vasilevski, Aleksandr M., 93, 101, 102, 257, 348, 349, 351, 365, 367, 372
Vasilevskii, Aleksandr M., 349
Vatutin, Nikolai F., 373
Veinberg, S. I., 328
Vlodzimirski, Lev E., 27, 122
Volchenkov, Maksim, 135, 410, 411
Volkogonov, Dmitri A., 20, 21, 33, 44, 97, 99, 102, 250, 253, 273, 283, 359, 361, 362, 364, 370, 371
Volkov, A. A., 79, 80, 266
Volodicheva, M., 24, 251, 252
Vorontsov, M. A., 93, 94, 162, 168, 351, 352
Voroshilov, Kliment E., 29, 129, 140, 144, 162, 175, 222, 241, 245, 260, 300, 304, 363, 409, 420, 424, 425
Voznesenski, Nikolai A., 110, 143, 257, 380
Vyshinski, Andrei I., 334

Z
Zakovski, Leonid M., 58, 66, 67, 68, 85, 165, 322, 323, 324
Zhdanov, Andrei A., 36, 46, 76, 114, 129, 161, 182, 216, 218, 243, 280, 285, 287, 333, 386
Zhemchuzhina, Polina S., 423
Zhukov, Georgi K. Mariscal, 25, 49, 57, 85, 88, 92, 93, 98, 99, 100, 101, 102, 103, 106, 134, 162, 164, 184, 205, 206, 208, 213, 221, 222, 223, 239, 240, 254, 255, 266, 267, 295, 298, 300, 303, 334, 346, 350, 351, 361, 362, 364, 365, 366, 367, 368, 369, 371, 374, 375, 376, 408
Zhukov, Georgii K., Marshal, 49, 101, 369
Zhukov, Iuri, 29, 44, 49, 52, 55, 56, 57, 61, 68, 85, 88, 205, 265, 294, 302, 344
Zhukov, Iurii, 88, 134
Zinoviev, Grigori E., 17, 19, 22, 32, 33, 34, 70, 124, 161, 166, 167, 171, 172, 178, 242, 247, 248, 253, 259, 274, 285
Zubarev, Prokopi T., 70, 186, 326
Zverev, S. A., 418